martes, 24 de enero de 2012

Xestion de usuarios e permisos



Creación de grupos de usuarios

O Linux e o Windows son sistemas multiusuario. Isto permite que varias persoas poidan utilizar o mesmo ordenador.
Ambos os sistemas operativos xestionan a información asignando contas aos distiontos usuarios. Dependendo do tipo de usuario, e os permisos que teña, o sistema permitelle o acceso aos recursos aos que este autorizado.
Identificación
Para entrar nun sistema operativo mutiusuario solicitase un nome de usuario (login) e un contrasinal
Unha vez introducidos estes datos no sistema operativo permitenos o acceso aos recursos que se teñan autorizados dependendo do tipo de usuario.


Inicio de sesión en windows
Xestión de contas

As contas dos usuarios xestionanse desde contas de usuario no panel de control, aqui podese modificar crear unha nova conta ou eliminar existentes.


Contas de usuario

Contas de usuario (dentro)


Espacio de traballo

Ao espacio de traballo de un usuario chamaselle conta de usuario a cada conta asiganselle un directorio especificono disco duro onde se almacena toda a información de cada usuario.

Tipos de usuarios
Normalmente no sistema existe un Administrador e o resto son Usuarios.
-Administrador ou root: É o encargado da configuración e o mantemento do sistema.
Ten acceso e privilexios sobre todos os recursos.
-Usuario: É quen utiliza o sistema e ten acceso aos recursos que o administador lle permite.
Non pode cambiar a configuración nin eliminar arquivos esenciais.

-Grupo: Os usuarios asocianse en grupos para facilitar certas tarefas como compartir recursos. Cada usuario poderá acceder aos seus propios recursos e aos do grupo ao cal pertence.

Adxudicación de permisos en windows

Para ver, definir, cambiar ou quitar permisos de arquivos en carpetas:

1: Faise clic co boton dereito do rato no arquivo ou na carpeta e selecionamos propiedades.
2: Selecionamos a pestana seguridade, e mostrase un listado de todos os grupos ou usuarios que teñen dereitos sobre o obxecto.
3: Utilizamos o boton quitar para eliminar os usuarios que non teran acceso, ou ben, agregar para engadir novos usuarios.
4: Ao seleccionar un grupo o usuario mostranse os permisos de usuario dos que dispon permitindolle ou denegandolle a cada un deles

Se na venta de propiedades non se mostra a pestana seguridade:

1: Faise clic en inicio
2: Entramos no panel de control
3: Selecionamos apariencia e temas
4: Entramos en opcions de carpeta
5: Na pestana ver, desactivamos a casela utilizar uso compartido simple de arquivos
que se encontra na configuración avanzada.



Propidades de contactos
Propiedades de permisos de windows

Agora deixovos unha ligazon con mais información sobre a xestion de usuarios e permisos

jueves, 19 de enero de 2012

Configuración dunha rede.


Configuración
Ao instalar os compoñentes da rede, o seguinte paso é configurar cada un dos equipos para que a rede comeze a funcionar.
Tanto o Linux como o Windows detectan e configuran automáticamente a rede ao instalarse.
Non obstante, podese modificar a configuración da rede para iso necesitanse os seguintes pasos


Windows


1:Entrar no menú de inicio.
2:Faise clic no boton dereito do rato no icono os meus sitios de rede e aparecera o icono que informa do estado da rede.
3:Presionase sobre este icono co boton dereito do rato e facemos clic en propiedades
4:Faise clic sobre protocolo internet e aparecera un cuadro de dialogo con as propiedades da coneción da area local  desde ahi podemos configurar os distintos apartados.


-Nome do equipo
-Grupo de traballo
-Mascara de subrede
-Porta de ligazon
-DNS


Identificación na rede
Cada un dos equipos pertence a unha rede e debe ter  un nome.
Ao mesmo tempo estes equipos pertencen a un grupo de traballo que identifica a rede.


Comprobar o funcionamento da rede en windows
1:Abrese o menu de inicio e faise clic sobre os meus sitios de rede e aparece unha pantalla con os documentos compartidos en rede.
2:Para ver todos os ordenadores que forman parte  da rede faise clic en ver equipos de grupo de traballo e mostranos os equipos conectados en rede nese momento.


Conectarse a unha rede WiFi desde un equipo
Un equipo WiFi conectase automaticamente na rede que hay no seu alcance
É posible elixir unha rede tendo en conta que as redes con seguridade necesitan un contrasinal.


Coñecer direción IP
Para coñecer  unha direccion de IP que ten asignada un equipo da rede, temos que executar ipconfig si é no windows.


Ping
Serve para verificar a correcta conexión con os outros dispositivos da rede.
Ping envia paquetes de datos aos dispositivos especificados por unha direción de IP.
Hay que verificar as estadisticas para saber si os  paquetes enviados son entregados ou non.


Agora deixovos unha ligazon que conten mais información sobre como configurar unha rede

Video explicativo:



jueves, 12 de enero de 2012

Creación de redes locais


Dispositivos de interconexión:

Son os dispositivos necesarios para poder interconectar todos os equipos formando unha rede de área local.

dispositivos máis comuns:

Tarxetas de rede poden ser ethernet ou WiFi.
Tarxeta de rede

-ethernet:utlizan un conector rj-45 parecido ao do telefono.
-WiFi: son tarxetas inalambricas que permiten conectar o ordenador a rede a través de ondas.

Concentradores Hub ou Switch
-Hub: é o máis básico e usase en redes pequenas os datos que lle chegan son enviados a todos os equipos da rede.
-Switch: realiza a mesma funcion que o Hub pero de forma intelixente. 
Concentrador

Puntos de acceso:teñen a mesma funcion que os Hubs ou os Switchs pero utliza as ondas envez de os cables.

Router: é máis avanzado que un concentrador e permite xestionar as direccións ip e conectar distintas redes entre sí,establecer conexión en internet.
Router inalambrico

Router


cables de rede: existen varios tipos pero o máis utilizado en redes locáis é o de par trenzado, tratase de un cable formado internamente por 8 fios conductores trenzados, para conexións de alta velocidade utilizase a fibra óptica  nos dispositivos e nos cables.
Cable de par trenzado


Instalación e configuración de dispositivos:


Tarxetas de rede: retirase a carcasa do equipo e conectar a tarxeta nunha das rañuras de expansión, instalanse os drivers da tarxeta no equipo utilizando o disco de instalación.


Concentradores: non requiren configuración basta conectalos.


Puntos de acceso: simplemente deben estar conectados a un cable ou a un router.


Router: temolo que configurar con os parámetros do provedor de internet. Normalmente xa ven configurado para funcionar. Si é inalámbrico é conveniente asegurarse de que a rede inalámbrica teña a seguridade  habilitada.


Cableado:un extremo conectase na tarxeta de rede do equipo e o outro ao concentrador ou ao router. Hai que ter precaucións na sua instalación para non danalo.


Conexión dos compoñentes:


Actualmente as redes están organizadas en torno a un punto central que interconecta todos os dispositivos. Esta estructura coñecese como topoloxía en estrela (conecta todos os equipos a un concentrador). Un de estes equipos pode actuar como servidor de impresión ou de correo. Para que teñan internet hay que conectar o concentrador a un router conectado a internet isto convirte a area local en intranet. É posible crear subredes conectando varios concentradores entre si mediante un porto especial.


Redes mixtas


É posible crear unha rede mixta con equipos cableados e inalambricos


para iso necesitamos un punto de acceso inalambrico que nos permite conectar ambos tipos de redes.


Agora deíxovos o link dunha páxina que contén máis información



Redes informáticas

                                         Redes informáticas

Unha rede é un conxunto de ordenadores conectados entre si, que poden compartir datos e recursos.
Hai dous tipos de redes que poden ser:


Según o seu tamaño de cobertura hay as redes de área local LAN, e as redes de área extensa WAN.

-LAN: son redes de pequena extensión


-WAN: estas redes interconectan equipos geograficamente máis dispersos.



Segun o seu nivel de acceso ou privacidade hay: internet, intranet e a extranet.
-internet: rede mundial de ordenadores que se caracteriza por ser de acceso público e permite aos usuarios compartir información.


-intranet: rede local que utiliza ferramentas de internet e pode considerarse internet privada.


-extranet: rede privada virtual resultante da conexión de duas ou mais redes intranets utilizando internet como medio.


Nas redes e en particular nas redes locales diferéncianse: 



O servidor é o ordenador que proporciona recursos e servizos aos usuarios dunha rede.

Os clientes son o resto dos equipos conectados a unha rede normalmente estes equipos traballan de forma autónoma accedendo á rede para intercambiar información e utilizar os recursos.

As redes de área local inalámbricas ou WLAN permiten aos usuarios acceder á información e recursos sen a necesidade de estar fisicamente conectado a un lugar.

O recurso compartido é un conxunto de datos, dispositivo ou programa que pode compartirse nunha rede.

Conceptos básicos sobre redes:

-Comunicación: proceso que involucra un emisor unha mensaxe unha canle e un receptor.

-Protocolo: para que un emisor e un receptor poidan entenderse deven utilizar a mesma linguaxe. en informática este linguaxe e conxunto de normas chamaselle protocolo e o mais utilizado en interdet é o TCP/IP

-Dirección ip: é a dirección de rede de un ordenador. Cada ordenador forma parte dunha rede e identificanse por un numero que se chama ip.

-Máscara de rede: utilizase para crear subredes. é un número similar a ip

-Grupo de traballo: os equipos agrupanse en subredes para facilitar o seu uso, para que os grupos dunha rede poidan conectarse entre si deven formar parte do mesmo grupo de traballo

-Porta de enlace ou gateway: soe ser a ip do router

-Dns, sistema de nombres por dominio: as direccións de ip son difíciles de recordar polos usuarios por iso se utilizan as Dns que asocia as direccións de ip a un conxunto de palabras máis fáciles de recordar.





Agora déixovos unha ligazón con máis información e máis detallada sobre as redes informáticas


Vídeo explicativo: