| Protocolo Http |
Nunha primeira aproximación poderiamos dicir que internet é unha rede mundial de redes de ordenadores, que permite a estes comunicarse en forma directa compartindo información e servizos ao longo da maior parte do mundo.
Cada ordenador que forma parte dunha rede conectada a internet pode comunicarse con calquera outro, con tal de que este ultimo tamen pertenza a internet. Para que a comunicación sexa posible, é necesaria a existencia dun protocolo, que non é outra cousa que conxunto de convecions que determinan como se realizase o cambio de datos entre ordenadores ou programas.
Os protocolos usados por todas as redes que forman parte de internet chámanse abrebiadamente TCP/IP, siglas que corresponden ao protocolo de control de transmisión (Transmision Control Protocol) e ao protocolo de internet (Internet Protocol).
Novas posibilidades que ofrece internet.
As posibilidades que ofrece a rede de redes en relación coa comunicación e o intercambio de información son innumerables; cada día establécense novos sistemas e créanse novas ferramentas que facilitan a comunicación entre os usuarios de internet. Entre todas estas posibilidades, ademais das directamente relacionadas coa comunicación, cabe destacar algunhas outras de grande interesen diversos campos, como poden ser a medicina, a economia, ou a investigación:
- Internet nun enorme almacén de información, que se pode conseguir de xeito case intantánea. aínda que se fai necesario distinguir entre a información valida e veraz da que non o é.
- A rede hoxe en dia nun gran mercado. un espazo inmellorable para a actividade economica. A través de internet, podemos comprar e vender todo tipo de produtos.
-As culturas e sectores minoritarios teñen a oportunidade de utilizar a rede para a súa difusión. Unha das maiores vantaxes de como está construído internet é a oportunidade que ofrece á diversidade para crear o seu propio espazo, os seus canales de comunicación, os seus mecanismos de difusión e distribución da información.
- A posibilidade de que un equipo de médicos poida discutir en tempo real, a traves de internet, o diagnostico dun paciente en situación de risco e mesmo analizar os seus radiografias e dirixir unha operación a miles de kilometros de distancia.
-Os investigadores e entidades participantes no proxecto Xenoma Humano poden transferir as súas enormes bases de datos máis rapidamente sobre internet.
- Os astrónomos tamén poden compartir datos de telescopios localizados en diferentes partes do mundo.
Nacemento e evolución de internet
1966
| Guerra fria |
Durante a Guerra Fria, e baixo o control do departamento de Defensa dos EUA, comeza a desenvolverse o proxecto ARPANET. o seu objectivo era idear un sistema mediante o que, no hipotetico caso de ataque da UNIÓN DE REPÚBLICAS SOCIALISTAS SOVIÉTICAS, se puidese ter acceso á información militar dende calquera punto do país. a solución era unha rede composta de ordenadores na que todos os nodos tivesen a mesma importancia, de forma que a desaparición dun ou varios deles non afectase ao trafico entre outros.
1969
Semanas antes de que o ser humano chegase á lúa, conectáronse catro ordenadores creando a primeira rede ARPANET.
1972
Presentáronse publicamente os resultados obtidos. Incorporáronse máis ordenadores á rede ARPANET chegando a ser mais de 200 en 1981
As conexións ARPANET eran pagadas polo goberno de EUA e restrinxíronse a sitios militares, universidades e algunhas grandes compañias que financiaban proxectos de investigación ou proporcionaban servizos.
Os primeiros servizos que brindou a rede ARPANET foron o acceso a ordenadores remotos (telnet), a transferencia de arquivos e a impresión remota. Tamén apareceu o primeiro programa de correo electronico, que pronto se converteu nunha das aplicacións mais utilizadas.
1983
Establécese o protocolo TCP/IP como protocolo estandar que utilizarían todas as redes conectadas a ARPANET. Paralelamente, a parte militar de ARPANET forma unha rede independiente MILNET, reservando a primeira para fins de investigación.
Poderíase considerar este momento como o nacemento de internet. O número de ordenadores interconectados era 500.
1989
| Tim Berners-lee |
Tim Berners-lee, investigador do CERN desenvolve un sistema de comunicación baseado no hipertexto, coa intención de facilitar o fluxo de información entre os cientifícos. Créanse o protocolo http e o linguaxe html. Este sistema sería a orixe da World Wide Web.
1992
O crecemento do número de usuarios e o volume de información dispoñible facía difícil encontrar unha información concreta, sen dispoñer dun mapa ou sistema de organización desta. Así, apareceron os primeiros sistemas que permitían obter unha lista de direccións, como son Archie ou Gophers.
1993
Aparecen os primeiros navegadores web.
| Buscador de internet |
Dende ese momento e ata a data creouse infinidade de aplicacións que permiten enviar, recibir, clasificar e xestionar o correo electrónico, así como outras formas de intercambio de información sobradamente coñecidas, que fan que a sociedade actual a sociedade da información e comunicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario