Na sociedade da información as barreiras e as distancias non existen, vólvense relativas. Hoxe en día é doado comunicarse con calquera parte do mundo, así como dispoñer de información procedente de calquera empresa ou institución. A comunicación prodúcese de forma instantánea, independentemente da situación dos interlocutores.
Unha sociedade da información é aquela na cal as tecnoloxías que facilitan a creación, distribución e manipulación da información xogan un papel importante nas actividades sociais, culturais e económicas. A noción de sociedade da información foi inspirada polos programas dos países industrializados. O termo sería máis ben político que teórico, pois se presenta como unha aspiración estratéxica que permitiría superar o estancamento social. Así mesmo, a noción de "sociedade da información" trae consigo unha serie de disposicións históricas que a emparentan co cambio de mentalidade dende a arcaica á moderna. En realidade, a sociedade da información non existe máis que na imaxinación dos utópicos tecnolóxicos, os cales tamén soñaron a alfabetización mediática como solución aos problemas do mundo.

Alfabetización digital
A aparición das novas tecnoloxías da información e a comunicación supuxo a creación en breve espazo de tempo, de novos medios de acceso á información, como internet ou a telefonía móbil. Con eles apareceron novas linguaxes e novas formas de comunicar.
A alfabetización dixital consiste na aprendizaxe dos coñecementos necesarios para entender e utilizar axeitadamente as tecnoloxías e as linguaxes imprescindibles para vivir na sociedade da información
Trátase en definitiva de estar capacitado para responder criticamente aos estímulos e esixencias dun ámbito cada vez máis complexo, con gran variedade de fontes, medios de comunicación e servizos.
As investigacións con respecto á alfabetismo dixital focalizanse en aspectos máis amplos vinculados coa aprendizaxe de como efectivamente achar, usar, resumir, avaliar, crear e transmitir información utilizando tecnoloxías dixitais e non só coa habilidade para usar unha computadora.O alfabetismo dixital inclúe o coñecemento do hardware das computadoras, do software (particularmente aqueles que máis frecuentemente se utilizan nos negocios) do Internet, dos teléfonos celulares, dos PDAs e doutros dispositivos dixitais. Unha persoa que utiliza estas habilidades para interactuar coa sociedade pode ser chamado un cidadán dixital.

Aspectos positivos e negativos da sociedade da información
As tecnoloxías da información e a comunicación están a influír en todos os aspectos da vida e da organización social. O seu dominio esténdese a todos os campos da actividade humana, como a creación e organización do emprego, a relación entre as persoas, a distribución do poder na sociedade, a forma de adquisición do coñecemento e de percepción da realidade, etc
É evidente que a sociedade da información proporciona múltiples vantaxes facilitando o acceso á información e simplificando un gran número de tarefas que, sen a utilización das novas tecnoloxías, se converterían en tarefas realmente tediosas. Non obstante, é conveniente deterse un momento nos inconvenientes e prexuízos que o abuso destas tecnoloxías poden levar consigo
A importancia da veracidade da información
A posibilidade de conseguir máis información favorece o estudo e a investigación, pero o feito de que haxa máis non asegura o éxito, pois é moi difícil separar o bo do que non serve. Pódese ter a sensación de que se está informado de todo e ao insatante, e, non obstante, ter unha visión totalmente deformada da realidade.
Do alfabetismo informático ao analfabetismo verbal
É unha evidencia, que se vén poñendo en manifesto ano tras ano, que a capacidade de comprensión lectora se está debilitando de forma xeral, non só por que os mozos len cada vez menos libros, senón porque aumenta a lectura de mensaxes breves e fraccionadas, como os que producen a navegación por internet, os chat ou o correo electrónico. Así a alfabetización informática podería vir acompañada dun crecente analfabetismo verbal, unha maior dificultade en construír frases completas e, polo tanto, dificultades de expresión, con todas as implicacións que iso podes levar consigo.
Deterioración dalgunhas habilidades
Hai séculos, cando os brazos e as mans empezaron a usarse para agarrar, trepar, tirar obxectos como pedras e frechas, se produciron cambios na estrutura do cerebro e do sistema nervioso dos seres humanos, que desenvolveron novos patróns do pensamento. Non obstante, a evidencia dos cambios ou danos ao desenvolvemento cerebral que poden producir as novas tecnoloxías só estanse a facer patentes anos ou décadas despois do seu uso intensivo. É o caso dos teléfonos móbiles, cuxos posibles danos están a ser documentados unha década despois de iniciarse o seu uso masivo.

Ten en conta
Internet é unha fonte inesgotable de información, pero é necesario ser capaz de discernir entre información veraz, da que non o é; é conveniente non nos conformar coa información encontrada senón comprobar cal é a fonte e se esta goza da suficiente confianza para que deamos por valida a información proporcionada.

globalización da sociedade da información
Aínda que as vantaxes que proporciona a comunicación global son innumerables, existen algúns aspectos sobre os que convén reflexionar e que será necesario mellorar, se realmente se desexa conseguir unha sociedade global
Aspectos positivos
- Non monopolización da información polos medios de comunicación e maior liberdade de expresión dos cidadáns
- Gran mobilidade da información
- Gran cantidade de información que se pode transmitir, adquirir e procesar moi rapido
-Permite estar mais informados do que sucede en calquera parte do mundo.
- interacción que se pode establecer con outras persoas na rede.
Aspectos negativos
- Falta de control para seleccionar a información, debido ao exceso que existe. Máis información non implica mellor información, nin un uso eficaz desta.
- Se todo é de todos, vos autores non sacan ningun beneficio
- Os países desenvolvidos son os que teñen o poder sobre os outros. A tecnoloxía non é un medio ao alcance de todo o mundo, non existe igualdade de oportunidades, polo tanto, non elimina barreiras
- O ámbito sociocultural determina o acceso ás novas tecnoloxías máis que o nivel económico.

No hay comentarios:
Publicar un comentario