martes, 12 de junio de 2012

Blogs


Blogger
La coctelera
Conceptos básicos sobre os blogs


Os blogs son actualmente un medio de opinión, utilizado por infinidade de persoas, con distintos obxectivos: manifestar a súa opinión acerca de temas póliticos, comunicar un sentimento, informar sobre un tema concreto,etc

Un weblog é un sitio web que permite a unha persoa ou a un grupo, poñer as súas opinións a disposición de todos os usuarios de internet, así como o intercambio de opinións entre aqueles usuarios que o autor de web desexe.

Algunhas caracteristicás dos blog son:

- Unha entrada é cada un dos artigos que publica o autor ou autores dun blog. Gaba artigos publicados polos convidados ao blog denomínanse comentarios.

- A publicación dos comentarios realízase a través dun formulario, sempre que o autor do blog o permita.

- As entradas e comentarios publicados nun blog están ordeados cronoloxicamente.

- Nun blog adoita haber enlaces aos comentarios ou entradas anteriores. Tamén conteñen unha lista de enlaces a outros blog recomendados, que se adoita denominar blogroll.

- Todos os blog contén unha lista de amigos, aos que o autor autoriza publicar comentarios.

- Ademais do texto, é posible incluír imaxes e vídeos.

Crea tu blog
Como crear un blog

Para crear un blog é necesario conectarse á páxina dalgúns dos servidores que ofrecen esta posibilidade de forma gratuíta.
Unha vez dentro dunha páxina débense realizar os seguintes pasos:
Lista de blogs de un usuario


1: Facer clic sobre o enlace, crea o teu blog.
2: Completar o formulario cos datos que se solicitan
O nome que se escriba no campo nome de usuario, será que posteriormente se utilice para acceder ao blog.
O contrasinal permitirá publicar as diferentes entradas e xestionar as opcións de configuración do blog
3: Activar a casa de verificación teño lin e acepto as condicións do servizo
4: Facer clic sobre o enlace continuar
5: Selecionar a aparencia que se desexa dar o blog, activando o botón de opción correspondente a un dos equipos que se ofrecen na páxina.
6: Facer clic sobre o enlace continuar
7: Facer clic sobre o enlace publica a túa primeira historia.
O titulo do blog e o primeiro artigo

Mentres se crea o blog e ao facer clic sobre o enlace Publica a túa primeira historia, mostrarase unha páxina nova na que é posible introducir a información básica: o titulo do blog, información sobre o autor, articúlos novos, etc. Para iso, teremos que:


1: Facer clic sobre o cadro titulo, para introducir o texto que figurará na cabeceira do teu blog e unha breve descrición do seu contido.
2: Facer clic sobre o enlace gardar.
3:hacer clic sobre o cadro sobre min e escribir unhas lineas acerca do autor.
4: Facer clic sobre o enlace gardar.
5: Facer clic sobre o cadro novo articulo e escribir o primeiro articulo que se publicará no blog
6: Facer clic sobre o enlace publicar. Se non o rematamos de escribir o articulo e quixeramos continualo mais tarde, faremos clic sobre o boton gardar borrador.


Para darse a coñecer

unha vez creado o blog e antes de crear a primeira entrada, o servidor permite enviar unha mensaxe de correo electrónico aos amigos, con fin de dar difusión ao novo blog.

Ten en conta

En calquera momento poderemos visualizar o contido do blog, facendo clic sobre o enlace ver o meu blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario